Saltar ao contido

Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

Vampire: The Masquerade – Bloodlines é un videoxogo de rol de acción de 2004 desenvolvido por Troika Games e publicado por Activision para Microsoft Windows. Ambientado no World of Darkness de White Wolf Publishing, o xogo baséase no xogo de rol Vampire: The Masquerade. O xogador encarna o papel protagonista dun humano personaxe que morre e revive como un vampiro, nunha historia que se desenvolve na cidade dos Ánxeles no século XXI tentando descubrir a verdade sobre unha reliquia recentemente atopada que presaxia o fin de tódolos vampiros.

O xogo preséntase dende unha perspectiva en primeira e terceira persoa. O xogador escolle un dos varios clans de vampiros ó comezo do xogo, cada un deles con habilidades e poderes únicos, progresando e aumentando as súas habilidades de combate e diálogo durante o xogo. A selección do clan inflúe tanto nas capacidades e poderes do xogador coma na percepción do mesmo por parte do mundo do xogo, posibilitando distintos camiños de exploración do mesmo e diferentes métodos de interacción ou manipulación dos personaxes non xogador. O xogador pode completar misións secundarias á marxe da historia principal movéndose con liberdade entre os distintos mundos do xogo: Santa Monica, Hollywood, o centro dos Ánxeles e Chinatown, todos eles en California.

Sobre Galicia

Dorothé Schubarth, nada en Basilea o 11 de setembro de 1944 e finada na mesma cidade o 6 de setembro de 2023, foi unha investigadora, docente, musicóloga e compositora suíza. Tras facer estudos musicais na súa cidade natal, ampliounos logo en Colonia e Múnic. Rexistrou, xunto con Antón Santamarina, primeiramente o Cancioneiro galego de tradición oral, publicado en 1982, e, posteriormente, o monumental Cancioneiro popular galego en sete volumes, editado en 1984 e dixitalizado en 2012 pola Fundación Barrié. Recibiu, entre outros recoñecementos, o Premio da Crítica Galicia (1985), o Pedrón de Honra (2013), dedicóuselle o primeiro Día das Galegas nas Letras, no ano 2014, e foi nomeada Mestra da Memoria en 2019 pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega.

Tal día coma hoxe no ano...

Imaxe do día

Pontóns para a construción de bateas, nas Sinas (Vilanova de Arousa)
Vexa o artigo carpintaría

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 155 001 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 283 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento