As pandeireteiras ou cantareiras son unha agrupación musical feminina, propia da música tradicional galega, que emprega as pandeiretas como principal acompañamento instrumental. Xa no século XVIII, frei Martín Sarmiento destacaba esa presenza feminina protagonista como un "feito diferencial" de Galicia en contraste con Castela e Portugal. Hoxe en día, hai varios libros nos que se salienta este papel central nas festas: tanto na invención das coplas ou cantares como no acompañamento coas pandeiretas.
A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.
O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.
De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 155 085 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 280 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.