Saltar ao contido

Portada

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Artigo destacado

O dólar Sacagawea é unha moeda dun dólar estadounidense introducida en 2000 e emitida ininterrompidamente ata 2008 co mesmo modelo. A partir de 2009 continuou cuñándose anualmente, mais con reversos diferentes en cada emisión, conmemorativos de diversos aspectos da cultura nativa americana.

O seu nome débese á figura do seu anverso, obra de Glenna Goodacre, que representa un busto de Sacagawea (1788-1812), unha muller shoshone coñecida por axudar na expedición de Lewis e Clark na Luisiana. O seu reverso inicial débeselle ao artista Thomas D. Rogers e está caracterizado pola figura dunha aguia en voo coas ás estendidas.

Sobre Galicia

As pandeireteiras ou cantareiras son unha agrupación musical feminina, propia da música tradicional galega, que emprega as pandeiretas como principal acompañamento instrumental. Xa no século XVIII, frei Martín Sarmiento destacaba esa presenza feminina protagonista como un "feito diferencial" de Galicia en contraste con Castela e Portugal. Hoxe en día, hai varios libros nos que se salienta este papel central nas festas: tanto na invención das coplas ou cantares como no acompañamento coas pandeiretas.

Tal día coma hoxe no ano...

Franz Kafka

Imaxe do día

Presentación

A Wikipedia é unha enciclopedia universal en liña multilingüe, colaborativa e gratuíta. O propósito da Wikipedia é fornecer un contido libre, obxectivo e verificable que todas as persoas poidan editar e mellorar.

O proxecto está baseado en cinco principios básicos, todo o contido está dispoñible baixo a licenza Creative Commons BY-SA e pode ser copiado e reutilizado baixo esta mesma licenza.

Participación

Podes consultar a Axuda e a Guía para obter máis información de como participar, nas que atoparás información de como comezar a colaborar, editar artigos e usar imaxes libres. En caso de dúbidas síntete libre de preguntar.

Comunidade

De acordo coas nosas estatísticas, temos un total de 155 085 contas de usuario rexistradas na Galipedia, e entre elas 280 estiveron activas durante o último mes. Todas as persoas que editan a Galipedia son voluntarias, integrando unha comunidade colaborativa e coordinando os esforzos por medio de proxectos temáticos e diversos espazos de conversa.
Meta-Wiki
Meta-Wiki

Meta-Wiki
Coordinación

Wikimedia Commons
Wikimedia Commons

Commons
Multimedia

Wiktionary
Wiktionary

Galizionario
Dicionario

Wikibooks
Wikibooks

Galilibros
Libros

Wikisource
Wikisource

Galifontes
Documentos

Wikiquote
Wikiquote

Galicitas
Citas

Wikispecies
Wikispecies

Wikispecies
Especies

Wikinews
Wikinews

Wikinews
Novas

Wikiversity
Wikiversity

Wikiversity
Aprendizaxe

Wikivoyage
Wikivoyage

Wikivoyage
Viaxes

Wikidata
Wikidata

Wikidata
Datos

MediaWiki
MediaWiki

MediaWiki
Desenvolvemento