Estadio Free State
Vodacom Park | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estadio de rugby e estadio de fútbol ![]() | |||
Deporte | rugby a 15 e fútbol ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Operador/a | Free State Rugby Union (en) ![]() ![]() | |||
Ocupante | Central Cheetahs ![]() | |||
Propietario/a | Mangaung Metropolitan Municipality (en) ![]() ![]() | |||
Datas | ||||
Fundación | 1952 ![]() | |||
Inauguración | 1952 | |||
Acontecementos | ||||
Mundial de Fútbol Suráfrica 2010 | ||||
1995 | Copa do Mundo de Rugby | |||
2009 | Copa Confederacións da FIFA | |||
2010 | Copa do Mundo de Fútbol ![]() | |||
Dimensións | ||||
Capacidade | 46.000 | |||
Superficie | 220.000 m² ![]() | |||
Tipo superficie | céspede ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | Suráfrica | |||
Provincia | Estado Libre | |||
Concello metropolitano | Mangaung Metropolitan Municipality (en) ![]() | |||
Cidade | Bloemfontein ![]() | |||
Localización | Bloemfontein, Suráfrica | |||
Enderezo | Att Horak Avenue, ZA-9320 Bloemfontein ![]() | |||
Contacto | ||||
Páxina WEB | fscheetahs.co.za… ![]() | |||
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Free State, chamado por motivos publicitarios Vodacom Park, é un estadio situado en Bloemfontein, Suráfrica, utilizado para encontros de fútbol e de rugby, con capacidade para 46.000 persoas. Actualmente é o estadio local dos Cheetahs do Pro14. Foi unha das sedes da Copa Mundial de Fútbol de 2010. O seu nome procede da provincia na que está situado, a provincia do Estado Libre (en inglés: Free State).
Datos
[editar | editar a fonte]Inaugurado en 1952, o estadio sufriu unha completa remodelación con ocasión da Copa do Mundo de Rugby de 1995, da que foi sede, para albergar indistintamente encontros de rugby e de fútbol. Os principais equipos de rugby que utilizan o estadio son o Free State Cheetahs, que participa na competición nacional de Suráfrica , a Currie Cup; e o Central Cheetahs, que representa o Estado Libre e as provincias do Cabo Norte no Super 14. O principal equipo de fútbol é o Bloemfontein Celtic, que xoga na liga Premier de Fútbol.
Para a Copa Mundial de Fútbol de 2010, engadiuse un segundo nivel á tribuna principal no lado occidental do campo, aumentando a capacidade total de 36.538 a 48.000 espectadores, aforamento necesario para os estadios na primeira e segunda roldas de partidos do campionato. Ademais, instaláronse novos tornos, mellorouse a iluminación, foron instalados cadros electrónicos, o sistema de son foi renovado ás normas esixidas, instalación de CPTV (circuíto pechado de televisión) e maiores facilidades para os medios de comunicación como melloras das instalacións. Para renovar o estadio, Bloemfontein recibiu 221 millóns de rands, aínda que as estimacións de gastos son de 245 millóns, xa que a cidade decidiu asumir un déficit de 24 millóns.[1] Os traballos comezaron en xullo de 2007, e a súa finalización produciuse en setembro de 2008.[2]
Copa do Mundo 2010
[editar | editar a fonte]- Artigo principal: Copa Mundial de Fútbol de 2010.
Partidos
[editar | editar a fonte]O Nelson Mandela Bay albergou durante o campionato seis encontros: cinco encontros da fase de grupos e un de oitavos de final. Os partidos foron os seguintes:
Data | Fase | Equipo | Resultado | Equipo | Espectadores | ||
---|---|---|---|---|---|---|---|
14 de xuño | Primeira rolda | Xapón | ![]() |
![]() |
Camerún | ||
17 de xuño | Primeira rolda | Grecia | ![]() |
![]() |
Nixeria | ||
20 de xuño | Primeira rolda | Eslovaquia | ![]() |
![]() |
Paraguai | ||
22 de xuño | Primeira rolda | Francia | ![]() |
![]() |
Suráfrica | ||
25 de xuño | Primeira rolda | Suíza | ![]() |
Honduras | |||
27 de xuño | Oitavos de final | Alemaña | ![]() |
![]() |
Inglaterra |
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ Sunday Times
- ↑ "Official upgrade progress report as at May 2008" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 27 de xullo de 2011. Consultado o 11 de xuño de 2010.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Sitio web oficial de Bloemfontein Arquivado 29 de novembro de 2017 en Wayback Machine.