Ferrari 458 Italia
Ferrari 458 Italia | |
---|---|
![]() | |
Marca | Ferrari ![]() |
Fabricante | Ferrari ![]() |
País | ![]() |
Período | ╴2015 |
Tren motriz | |
Motor | 4.499 cc V8 |
Potencia | 578 CV |
Velocidade máxima | 325 km/h ![]() |
Dimensións | |
Distancia eixes | 2.650 mm ![]() |
Lonxitude | 4.527 mm ![]() |
Anchura | 1.937 mm ![]() |
Altura | 1.213 mm ![]() |
Peso | 1.485 kg ![]() |
Cronoloxía | |
[ Wikidata ] [ C:Commons ] |
O Ferrari 458 Italia é un modelo de automóbil deportivo producido polo fabricante italiano Ferrari dende o ano 2010 ata 2015. Pertence ó segmento de deportivos con motor central e tracción traseira. O motor de 4'5 litros ten 578 cabalos de potencia.
O 458 substituíu o Ferrari F430, e foi presentado oficialmente no salón do automóbil de Fráncfort de 2009.[1][2] Foi substituído polo Ferrari 488, que se deu a coñecer no Salón do automóbil de Xenebra de 2015.[3]
Especificacións
[editar | editar a fonte]No primeiro anuncio oficial do coche, o Ferrari 458 foi descrito como o sucesor do F430, pero xurdindo dun deseño totalmente novo, incorporando tecnoloxías desenvolvidas a partir da experiencia da compañía na Fórmula 1.[4]
O sistema body computer foi desenvolvido por Magneti Marelli Automotive Lighting.

Motor
[editar | editar a fonte]O V8 de 4.5L naturalmente aspirado entrega 570 CV (419 kW) a 9000 rpm e rende un par máximo de 540Nm a 6000 rpm, co 80% do mesmo dispoñible a 3250 rpm. O motor incorpora a inxección directa de combustible por primeira vez nun Ferrari con configuración de motor central.
Transmisión
[editar | editar a fonte]A transmisión é semiautomática de dobre embrague Getrag de 7 velocidades de F1, similar á do Ferrari California, que pode funcionar en modo manual ou automático.
Condución
[editar | editar a fonte]A suspensión do automóbil é de dobre brazo na parte dianteira e sistema multilink na traseira, xunto con diferencial electrónico e control de tracción de Fórmula 1 tamén coñecido como F1-Trac[5], deseñado para mellorar o comportamento nas curvas e a aceleración lonxitudinal nun 32% en comparación cos seus predecesores.
Rendemento
[editar | editar a fonte]A aceleración oficial de 0 a 100 km/h é de 3,4 s, mentres que a máxima velocidade é de 325 km/h, cun consumo de combustible en ciclo combinado de 13,4 L/100 km e produción de 268 g/km de CO2.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "Ferrari 458 Italia 2010". DieselStation.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de xullo de 2015. Consultado o 03 de xullo de 2017.
- ↑ "Ferrari Unveils 458 Italia at Frankfurt Motor Show". Automoblog.net. Arquivado dende o orixinal o 03 de novembro de 2013. Consultado o 03 de xullo de 2017.
- ↑ "2015 Ferrari 488 GTB unveiled". autocar.co.uk. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2015. Consultado o 03 de xullo de 2017.
- ↑ "Copia arquivada". Arquivado dende o orixinal o 02 de novembro de 2013. Consultado o 18 de xullo de 2017.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Ferrari 458 Italia ![]() |