Saltar ao contido

Signal Iduna Park

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Signal Iduna Park


Tipoestadio de fútbol Editar o valor en Wikidata
Custo17.000.000 € Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
Persoas e organizacións
OcupanteBorussia Dortmund Editar o valor en Wikidata
Propietario/aWestfalenstadion Dortmund
Arquitecto/aPlanungsgruppe Drahtler
Datas
Fundación1971 Editar o valor en Wikidata
Inauguración2 de abril de 1974
Acontecementos
Mundial de Fútbol Alemaña 1974
Mundial de Fútbol Alemaña 2006 Editar o valor en Wikidata
Dimensións
Capacidade80.720 (nacional)
65.982 (internacional)
Tipo superficieCéspede
Localización
Mapa
 51°29′33″N 7°27′06″L / 51.4925, 7.45167
EstadoAlemaña
Estado federadoRenania do Norte-Westfalia - Nordrhein-Westfalen
Rexión administrativaRexión de Arnsberg
Distrito urbanoDortmund Editar o valor en Wikidata
LocalizaciónDortmund, Alemaña
EnderezoStrobelallee 50, D-44139 Dortmund Editar o valor en Wikidata
Contacto
Páxina WEBsignal-iduna-park.de Editar o valor en Wikidata
Wikidata ] C:Commons ]

O Westfalenstadion, coñecido por motivos de patrocinio como Signal Iduna Park, é un estadio de fútbol situado na cidade de Dortmund, no estado federado de Renania do Norte-Westfalia, ao oeste de Alemaña. É a sede habitual do club de fútbol Borussia Dortmund. Coas súas torres de suspensión amarelas o estadio é un símbolo da cidade.

Foi reconstruído para ser unha das subsedes da Copa Mundial de Fútbol de 2006 celebrada en Alemaña, converténdose entón no estadio de fútbol máis grande do país. Para este evento, o estadio levou temporalmente o nome de Estadio da Copa Mundial da FIFA de Dortmund, por razóns estipuladas no regulamento da FIFA. A arquitectura externa do Signal Iduna Park está composta de oito alicerces de suxeición amarelos de 62 metros de altura. O resto da estrutura é de aceiro.